Festival Atlántica
Participantes
Programa
  • Adultos
  • Infantil e familiar
  • Atlántica 2025
    • Entradas
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos
      • Programa infantil e familiar
  • Atlántica 2025
    • Entradas
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos
      • Programa infantil e familiar
Su_Garrido_Pombo

Su Garrido Pombo

Susana Garrido Pombo é unha cantante, músico e compositora galega. O seu estilo músical abrangue diversos xéneros con matices de bossa, folk, jazz ou latin. As súas actuacións configúranse como unha proposta íntima e próxima onde as cancións e as historias se entretecen porque cantar e contar son parte da vida. No ano 2019 publica o seu primeiro álbum en solitario ‘Quedo a vivir aquí’, e obtén o primeiro premio no Concurso Fran Narf da Deputación da Coruña (2018). No 2019 faise co Premio Martín Códax na categoría de Música de autora (2019). A finais do 2022 sae o seu novo disco ”Patios de luz” onde as protagonistas son as veciñas, a comunidade, o espacio común, a emigración do campo á cidade, as hortas, os patios de atrás e a luz. Con este novo traballo acada de novo o Premio Martín Códax na categoría de Música de autora (2023) e realizou numerosos concertos pola península, incluída unha xira en Irlanda no outono de 2023.

Patios de luz | 70 min
A estrada que levaba do Eirado ó patio de luces tiña máis de cen curvas, era a estrada pola que marcharon as miñas veciñas, os meus avós, bisavós, tataravós, nós. E pola que volvemos.
Patios de luz é un percorrido por esas estradas de ida e volta, da aldea a cidade e dos patios de luces de volta á cortiña. Nos que as cancións e as historias van entretecéndose para contar e cantar unha historia común, a da emigración da aldea ós barrios e onde as protagonistas son as veciñas, a comunidade, o día a día, as hortas, o doméstico.
Porque os patios son as partes de atrás, onde dan as cociñas, onde se esconden as cousas que non se queren ensinar, onde se bota a roupa, a parte que nen sequera se pinta. Son o oposto ás fachadas. Onde pasan cada día miles de historias comúns que merecen ser cantadas, contadas e celebradas.
Os patios de luz son os nosos teatro.

WEB ALOXADA EN
CO APOIO DE