Festival Atlántica
Participantes
Programa
  • Adultos
  • Infantil e familiar
  • Atlántica 2025
    • Entradas
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos
      • Programa infantil e familiar
  • Atlántica 2025
    • Entradas
    • Equipo
    • Apoios
  • Tenda
  • Contacto
  • EDICIÓNS ANTERIORES
    • EDICIÓN 2024
      • Programa adultos 2024
      • Programa infantil e familiar 2024
    • EDICIÓN 2023
      • Programa adultos
      • Programa infantil e familiar
luis_vero

Vero Rilo e Luís Iglesias

Vero Rilo é narradora oral. Antes era educadora infantil, pero quitouse diso. Dende 2013 leva contando contos, historias de vida, e outras lerias para todo tipo de público. A música está moi presente nos seus traballos a dúo aínda que, por máis que o intente, nunca aprenda a cantar nin a tocar a pandeireta. Tamén conta soa, é na variedade que atopa o gusto. Feminismo, tradición, memoria histórica, resistencia, alegrías, afectos e rebeldías aparecen consciente e inconscientemente no seu repertorio. Sempre lembra as palabras de Castelao “cada vida é una novela que se perde”. Se cadra é por iso que conta para non perder. E conta o que aprendeu a ser, o que outras foron, o que son. Conta o que a (con)move, di que así a memoria non morre… Luís Iglesias ten unha formación musical heterodoxa, estudando Jazz no Taller de músicos de Madrid, así coma en Estudio Escola de Música en Santiago de Compostela. Estuda guitarra clásica co mestre Rubén Abel e solfexo segundo o método Kodaly da man de Sergio de la Osa. Participa en múltiples bandas de estilos tan diversos coma folk ou rock: Brandelia, La Pelvis, Reino Animal, Trikornio...

Cacho Animalada | Público familiar (+3 anos) | 50 min

Vero Rilo e Luís Iglesias aventúranse nun camiño diverso, transitado por contos da nosa tradición oral, versións libres e revisitadas dos Contos de Fadas de Ángela Carter, contos de autor/a que xa son clásicos da literatura e álbum ilustrado infantil…

Todo o repertorio vai da man da música, da ledicia, dos animais e, por que non?, de certas
animalas… Son tempos de soltar as melenas e contar, cantar, bailar e correr coas feras que levamos dentro. Raposos, merlas, toupas, nenas, nenos… corredes con nós?

WEB ALOXADA EN
CO APOIO DE