Festival Atlántica
Participantes
Programa
  • Programa infantil e familiar
  • Programa adultos
  • Atlántica 2022
  • Equipo
  • Apoios
  • Contacto
  • Atlántica 2022
  • Equipo
  • Apoios
  • Contacto
Victoria_Siedlecki

Victoria Siedlecki

Actriz e narradora oral. Dirixe en Madrid “La Escuela de Cuentacuentos” onde xa se formaron máis de 1.000 narradores, e é cofundadora de Yotecuento Storytelling. Presentou os seus espectáculos de contos para público infantil e adulto en festivais, teatros, bibliotecas, centros culturais e grandes eventos o longo de España e tamén Argentina, Uruguay e Chile. Cunha ampla formación artística, á que recorre na súa exclusiva dedicación á narración oral, tivo a súa propia columna de contos en Radio Nacional de España, Punto Radio e Cadena Ser.

Relatos eróticos | Público adulto

O sexo dos anxos pode estar moi claro para algúns, así como un bolero aparentemente inocente ou os segredos mellor gardados das mil e unha noites. Vitoria Siedlecki –actriz, narradora oral– rumoréanos eses segredos e acéndenos outros, entre risas, erotismo, e o pracer indubidable que toda lingua é capaz de provocar… Relatos Eróticos é un espectáculo de contos, baseado en historias de amor, erotismo e humor. Tras 4 tempadas de éxito na carteleira madrileña, Relatos eróticos segue encandeando ao público. Dona de infinitos rexistros, a actriz arxentina Vitoria Siedlecki fai rir e pensar a ritmo trepidante, baseándose en textos magníficos (como algunhas pasaxes descoñecidas das mil e unha noites) e unha mestura contemporánea de humor e paixóns de todo tipo.

Pequeno país | Público infantil / familiar

Aínda que é tan pequeno que non aparece en ningún mapa: o Pequeno País existe. Tódolos seus habitantes son magníficos xardineiros e é que, cada día do ano, no Pequeno Pais seméntase, cántase e cóntase. Fai moito tempo un xeneral quixo conquistalo e alá que se encamiñou cos seus soldados e o seu gran canón. Para a súa sorpresa, os habitantes do pequeno pais non loitaron, pois non tiñan exército, e os recibiron cos brazos abertos.
Compartiron con eles a súa comida, ensináronlle os seus xogos, cantáronlle as súas cancións e contáronlle os seus contos. Ante armas tan poderosas o xeneral e os seus soldados déronse por vencidos por primeira vez. Algúns decidiron quedarse a vivir alí, co monstro da lagoa que baila e canta cumbia, ca familia Chimbi que ten dous pais, ca vaca que lambendo á lúa lle quitou un anaco, ca parraguesa e cun montón de animaliños cuxos nomes soan mellor en guaraní, cos veciños e veciñas da rúa do pucheiro e ca nena que foi capa| z de cambialo todo dicindo a verdade.
Estas son as historias que compartiremos: Contos e cancións cheos de personaxes inesquecibles, de sorpresas, emocións e humor … as historias do Pequeno Pais.

WEB ALOXADA EN
CO APOIO DE