Festival Atlántica
Participantes
Programa
  • Programa infantil e familiar
  • Programa adultos
  • Atlántica 2022
  • Equipo
  • Apoios
  • Contacto
  • Atlántica 2022
  • Equipo
  • Apoios
  • Contacto
Virginia

Virginia Imaz

Nacéronme na primavera de 1962 a dous mundos: Ao que lle din real e ao que chega pola porta dos contos. Fixen o meu niño nese limiar de maxia. Cando era nena tiven a fortuna de ter tantas persoas ao meu redor que contaban historias, que eu crin que narrar era unha forma de ser xente. Necesito escoitar e contar contos como respirar. Conto profesionalmente desde 1984, historias que escoitei, que lin ou que me inventei, aínda que todas teñen algo en común. Son historias que me removeron por dentro, inspirándome ou iluminándome nesta aventura do vivir. Contei en todo tipo de lugares e para persoas de todas as idades, naufraxios e soños. As historias vanse puíndo polos camiños, cambian e cámbianme. A miúdo pregúntanme se se pode vivir do conto. Eu só sei que non podo vivir sen eles

A miña casa | Público adulto

Para escoitar contos hai que prepararse: sacudirse as orellas dos últimos berros que se nos meteron dentro, fregarse os ollos para eliminar xuízos e prexuízos e levarnos unha man ao peito para facer oco para a marabilla, porque os contos enténdense co corazón. Se xa che preparaches ven… ao abrigo das palabras atoparás risas e xogo, viaxes e desafío. Ven e celebramos o encontro.

Mitoloxía Vasca | Público adulto / familiar

Para Virginia Imaz contar é falar cunha voz máis vella que as pedras, recuperar a memoria das xentes que nos precederon no oficio de vivir. Narrar coma se estivésemos xunto ao lume do fogar ou ao redor da fogueira, acendendo os recordos ata que ardan todos os medos e abrásennos todos os desexos. Nesta ocasión narra historias e lendas da súa terra, de Euskal Herria. Son historias que escoitou ou que leu, pero todas elas pasaron polo seu propio alento.

WEB ALOXADA EN
CO APOIO DE