
Vítor Fernandes
‘DOIS DOS MONTES’ (Vítor Fernandes e Estefânia Surreira)
A historia de João Soldado e outros contos tradicionais portugueses | +12 anos e adultos
João Soldado e outros contos é un espectáculo contado e cantado, procedente de Trás-os-Montes, onde os contos e as lendas da tradición portuguesa son os ingredientes principais pero mesturados con petiscos (burlescos) de disparate, riso e boa disposición. Unha viaxe ao fantástico, onde non faltan bruxas, diaños, deuses, almas en pena, trasgos, pantasmas e moitos outros seres da mitoloxía popular.
Contos para matar o medo | + 8 anos
Baseado nos contos que a avoa Beatriz lle contaba é unha sesión repleta de criaturas do imaginário popular transmontado, diaños, mouras encantadas, damas pés de cabra, maria gancha, almas pendas, criaturas que atormentaban a vida da aldea.