Yoshi Hioki
Residente en Barcelona dende 1991. Desenvolve diversas actividades como conferenciante e docente das actividades culturais para o Museo Etnolóxico de Barcelona e a Casa Asia. Dende sempre fascináballe ler e escoitar os contos pero o encuentro ca narradora mexicana Martha Escudero, empuxoulle ao mundo deste espectáculo. Así, dende 1999 adícase a contar principalmente contos, mitos,lendas e relatos literarios de todas as épocas do seu país, Xapón. Os contos tradicionais de Xapón son de temas e aspectos diversos. Dos campesiños de arrozais aos nobres da corte imperial, dos animais e dos monstros. Unha sesión de contos con moitas interaccións por parte do narrador onde o público non só escoitará as historias do país do extremo oriente senon participará, cantará e aprenderá acerca dos costumes e a cultura do Xapón.
A princesa Anzú e os catro irmáns ninja | Público familiar e infantil (+5 anos)
Yoshi Hioki achéganos a tradición xaponesa e a historia ninja a través deste conto ao redor dunha bela princesa chamada Anzú, a máis poderosa e a máis talentosa entre todos os ninjas desta vila. A esta tan singular princesa acompañaranlle catro irmáns: todos eles tamén uns ninjas cualificados e posuidores duns peculiares títulos.
Contos de Xapón | Público adulto
Dos arrozais á corte imperial, de animais, de monstros, de deuses… estes contos e lendas do país do sol nacente contados polo narrador Yoshi Hioki producirán un lene murmurio no corazón de quen os escoite como a música dunha delicada choiva caendo sobre un bosque de bambú.