Festival Atlántica
Participantes
Programa
  • Adultos
  • Infantil e familiar
  • Atlántica 2023
  • Equipo
  • Apoios
  • Contacto
  • Atlántica 2023
  • Equipo
  • Apoios
  • Contacto
Pedro Mario Lopez

Pedro Mario López

Pedro Mario López é licenciado en Historia da Arte pola Universidade da Habana e exerce como narrador oral escénico desde 1990. Posúe un Magister en Educación en Desenvolvemento humano pola Universidade de San Buenaventura de Cali, Colombia. Tamén é doutor en Educación pola Universidade La Sallede Costa Rica. Como narrador oral participou en importantes festivais nacionais e internacionais en Cuba, México, Arxentina, Brasil, Venezuela, Costa Rica, Uruguai, España, Francia, Perú, Ecuador e Colombia. Foi recoñecido polo público e a prensa de diferentes países como un narrador que posúe unha extraordinaria capacidade para producir tenrura e diversión. Destaca polo súa forza expresiva e a axeitada selección das súas historias que van do humor á poesía, do asombro á gargallada e en ocasión ás, pois Pedro Mario manexa moi eficazmente os recursos artísticos desta arte que xera un proceso de comunicación intenso e significativo. Foi distinguido con importantes galardóns nacionais e internacionais polo seu meritorio labor como artista de la palabra entre os que figuran o Premio iberoamericano Chaman (España), o Premio internacional Cuchillo Canario (Agüimes, Canarias), o Premio internacional Cuentería (A Habana, Cuba), o Premio Internacional Juglar (Santa Fe, Arxentina), o Premio Gran Encantador (Medellín, Colombia) ou o premio honorífico Juglar, Unión Nacional de Escritores e Artistas de Cuba (UNEAC).

Urdimbres | Público adulto e mocidade | 70 minutos
Espectáculo que enlaza con humor, ironía e dor historias de profundas resonancias humanas. Contos que narran a vida desde a perspectiva do narrador, conectado coas historias de moitos e moitas que emerxen poeticamente para confrontar a súas voces coa ecoloxía da incerteza; tupidos urdidos entre os que despregan o seus tránsitos o amor, o desarraigamento, a esperanza, o esquecemento ou, dito doutra maneira, a vida en permanente pulso coa morte.

Sen destinatario | Público familiar | 60 minutos
Contos sen tempo que cantan, soñan, rin, emocionan, sorprenden, provocan e voan no corazón e a memoria de todas as persoas que queiran recibilos. Historias que celebran con humor, esperanza e ledicia a palabra compartida; contos que se expanden, se reinventan e que tal vez renazan en outras voces que os fagan seus: contos sen destinatario.

Do monte veño e ao monte vou | Público infantil | 50 minutos
O monte rodeou a miña infancia, polinizouna e aromas e saberes, nutriume de lembranzas e ledicias; na proximidade coas paisaxes e a terra aprendín a contar historias que antes viaxaran na lingua dos meus devanceiros. Hoxe máis que nunca volvo a ese monte onde perdura a miña infancia e recupéroa para poñela en palabras que acaden co seu voo o corazón dos nenos e as nenas como celebración da vida e as herdanzas que nos unen.
Do monte veño e ao monte vou é un espectáculo que convoca historias que polos séculos vibraron no corazón dos campesiños cubanos; palabras que polinizan a imaxinación coas sonoridades do monte onde circulan os contos de boca en boca para soster os froitos da memoria. Contos que entre abraios e emocións nos achegan á sabedoría e ás tradicións dos guajiros cubanos.

WEB ALOXADA EN
CO APOIO DE