
Rebeca Blanco
Rebeca Blanco Rotea é unha arqueóloga da arquitectura e da paisaxe (Vigo, 1973) que leva xa tres décadas en Santiago, cidade á que lle gusta facer falar a través das súas pedras. Investigadora na Universidade do Minho (Braga, Portugal) traballa na Raia con patrimonios fortificados, eclesiásticos e cidades históricas, mais tamén co patrimonio inmaterial e a socialización do coñecemento. Leva tempo embarcada en varios proxectos nos que o audiovisual cobra protagonismo como medio de construción de coñecemento coas comunidades locais, una ferramenta coa que facer do patrimonio un recursos sostible. Investigadora, docente e divulgadora científica que ve en cada muro e en cada paisaxe un depósito de historias transtemporais.
Memorias en pedra (segunda parte) | Ruta narrada | Adultos
No medio da pedra, mexidas polo bulicio da praza de abastos, aínda podemos imaxinar os murmurios da comitiva que acompañaría a Teodomiro seguindo as luces que marcaban o sitio, o Locus Sancti Iacobi. O eremita Paio, do lugar de Solovio vira unhas luces na fraga, aló onde logo levantáronse dúas basílicas e unha catedral. Darredor daquilo a memoria tornouse en pedra. Mais nada é o que parece, e todo parece o que é. Entre igrexas, rúas e cercas porase outra mirada en Santiago que coas capas do tempo foi invisibilizando as historias e apagando os murmurios. Un percorrido para escoitar as pedras.