Domingo 13 de marzo de 2016 – 13:00
Foi no amplio espazo de A Nave de Vidán, saíndo cara Noia pola estrada vella, onde tomamos un vermú con dous contadores portugueses, Vitor Fernandes e Valter Peres, que se sentaron en altas cadeiras falando co resto de contadores e contadoras que estaban alí para velos.
Pouco a pouco algunha persoa entrou, soa ou acompañada, para disfrutar cunha copa de vermú na man e un conto nas orellas, a pesar de facer un día de Sol despois de tantos de choiva e ceos cubertos. Quedaron Vitor e Valter sós e foron intercalándose o un e o outro ao longo da sesión.
Valter comeza con un “eu não vín, eu ouvi” introducíndonos en contos clásicos como por exemplo a Tía Miseria que ía caracterizando e creando a través de corpo e voz.
Vitor sen embargo, destaca ca súa picardía e facendo xogar ao público con el e o seu imaxinario. Emocionando cun fado dunha historia triste de amor.
Ambos amosan as taboas que teñen percorrido ao longo da súa vida, captando ao público e meténdoo no peto con palabras, con xestos, con miradas cómplices. Unha velada na que os aplausos serían de poucas mans, pero resoaban co entusiasmo de quen se deixou engaiolar nunha mañá soleada de domingo, cunha copa de vermú con moito xeo.
Foto e texto: Ana Ponte
Comments